xadrez

Xogo no que dúas persoas van movendo dezaseis figuras cada unha sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros segundo unhas regras determinadas.

Etimoloxía

Chegounos desde o árabe, se ben hai distintas versións en canto á transcrición do étimo (unha delas satranj), pero é de orixe sánscrita, lingua na que significaba literalmente 'de catro corpos', xa que o xogo representaba as catro divisións do exército.

Exemplos *

"No seu dorso aparecían dúas letras e un número: o movemento que esperara durante un ano para continuar a partida de xadrez aprazada no Círculo Marítimo." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"O xadrez, inventado para evitar o aburrimento dun rei, é, sempre o dixo, o xogo perfecto: apertura, xogo medio, final." (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.