xaguar

Mamífero carniceiro da familia dos félidos propio de América do Sur, semellante ao leopardo, pero de maior tamaño, de pelame amarelo tirando a vermello con manchas negras arredondadas

Etimoloxía

Correspondencia ao nome tupí ya’gwara, o nome común destes felinos.

Exemplos *

“E caeu na conta de que naquel exacto punto no que agora está , foi devorado polo xaguar que o axexa desde a mesmísima póla na que entón o axexaba.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos, 2011)

“Alí conviven animais selvaxes como os xaguares e os pumas , aves de impresionante plumaxe , como o quetzal , e serpes semellantes ás que custodiaban á árbore do Ben e do Mal.” (Xavier Lama: Os moradores da nada, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.