xamba

Cada unha das dúas pezas verticais que están situadas a ambos os lados do oco dunha porta ou ventá sostendo o lintel.

Etimoloxía

A súa orixe parece estar no francés jambe 'perna', tomado dunha forma camba do latín vulgar.

Exemplos *

"receou achegarse a ela porque estaba entreaberta, e pola estreita físgoa que mediaba entre o canto da porta e a xamba, facía esforzos para saír -sen conseguir facelo- unha luz moi suave e esmorecida …" (Antón Cortizas: Leonel)

"Para pechar a porta, faise xirar o tarabelo sobre a punta que o prende, e métese o cabo solto nun buraco practicado nunha das xambas." (Xosé Ramón Mariño Ferro: O sexo na poesía popular)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.