xamón

Perna de atrás do porco, en particular salgada e curada // Carne desa perna, sobre todo se é salgada e curada

Etimoloxía

Vocábulo que procede do equivalente francés jambon.

Exemplos *

“Primeiro uns entrantes de xamón e queixo do país, despois ela papou sargo ao forno, mentres eu, que tiña a cota do peixe cumprido grazas á tía Castora, optei por un entrecosto de boi á lousa.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

“Cando entrou na cociña o reloxo xa daba as cinco. Colleu da neveira un pouco xamón e queixo e pan de molde do aparador. Sentou na sala diante da tele.” (Anabel Alonso López: Café só, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.