Abertura feita nunha parede para deixar pasar a luz e o aire.
Etimoloxía
Procede dunha forma do latín vulgar januella, diminutivo de janua –ae ‘entrada ou acceso’.
Exemplos *
“Todo comezou con que os nenos, dende os seus berces, sinalaban desacougados certas sombras nas xanelas que acabaron por desconcertar ás familias.” (Teresa Moure: Herba moura)
“Macbeth pecha de súpeto a xanela, seriamente afectado polo impacto da escena rediviva e incorpora no leito o moribundo, nun patético abrazo.” (Manuel Lourenzo: Flores de Dunsinane)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.