Planta herbácea da familia das xencianáceas propia da alta montaña, con talo de ata un metro de altura, follas lanceoladas, flores amarelas e grosas raíces con propiedades medicinais
Etimoloxía
Termo patrimonial que remite ao equivalente latino gentiana.
Exemplos *
“A xanzá é unha fermosa planta da montaña galega en perigo.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)
“A "Xarxa" (Salvia officinalis L.) entre as plantas medicinais era quizais a máis socorrida xunto coa xanzá.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.