xaque

Situación do xogo de xadrez na que o rei ou a raíña están ameazados por unha peza do xogador contrario.

Etimoloxía

Procede do árabe xah 'ataque ao rei', tomado da lingua persa, onde significa 'rei'.

Exemplos *

"Pensa en movementos coas negras, en facer un enroque rápido, ou mellor agardar o trote do cabalo das brancas e logo xa pensaremos, reloxo, aínda non hai roque." (Manuel Seixas: A velocidade do frío)

"… despois dunha vantaxe posicional favorable debería renderse ou someterse no mellor dos casos a un desesperante xaque perpetuo." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.