xarda

Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre

Etimoloxía

Palabra que nos chega do latín sarda 'variedade de sardiña'.

Exemplos *

“Cando chegamos á casa, fun correndo pedirllo á miña nai pero como estaba facendo a comida, xarda frita con patacas cocidas, a min gústame moito o peixe, díxome que esperase a que acabase.” (X.H Rivadulla Corcón: Amar unha serea, 2010).

“Hoxe a xarda ten moitos partidarios e hai moitas modas de poñela: en guiso de patacas, é dicir, en caldeirada; limpa, cortada en filetes e fritida, moito máis sabedora se antes se aduba con allo, pirixel, sal e aceite de oliva [...]” (Fausto Galdo: Abecedario das matenzas, 2012).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.