xardón

Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos seus bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella intensa e madeira de cor clara, dura e compacta

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“O sisudo agricultor aplicoulle unha cumprida dose de pao de xardón, con espiñas e todo, e púxoo a traballar nos eidos desde o arraiar do sol deica o mediodía, por vía de aviso e escarmento práctico.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)

“Bidueiros cimeiros! / Pena das Augas! / Xardois teixos / rebolos tocos faias derrubadas! (Uxío Novoneyra: “Devesa da Rogueira” en Os eidos-2, 1974)”

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.