Solución de azucre en auga, espesa e máis ben viscosa, á cal se adoita engadir zume de froitas, herbas etc.
Etimoloxía
Vén do árabe xarab 'bebida', derivado de xarib 'beber'.
Exemplos *
"Ofreceume unha infusión e un frasquiño de xarope, e tranquilizoume sobre o estado da señora." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
"Por último, férvese outra vez ata que chegue a adquirir unha consistencia parecida á dun xarope." (Charo Baleirón: O Correo Galego 10-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.