xarrete

Xoga e musculatura comprendida entre a perna e o pé ou o antebrazo e a man nos animais cuadrúpedes

Etimoloxía

Adaptación do equivalente francés jarret co mesmo significado.

Exemplos *

“Ao longo dun xantar substancioso, de sopa e xarrete, o viño soltoulles a lingua a ambos.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)

“O cocido madrileño (...) leva xarrete e faldra de vitela, galiña, chourizo, touciño entrefrebado, morcillas, garavanzos, patacas, porros, cebola, azafrán e fideos.” (Xavier Costa Clavell: Galicia Hoxe, 09-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.