xasmín

Arbusto da familia das oleáceas, de talos delgados e flexibles, follas compostas, flores brancas moi recendentes e con forma de funil, froito en baga de cor negra, que se cultiva en xardíns / Flor deste arbusto

Etimoloxía

Denominación que chega do árabe hispánico yas[a]mín, que remite ao árabe clásico yāsamīn, ‘flor branca’. O nome científico da planta jasminum polyanthum.

Exemplos *

“Tembrou d'angustia e de pena, / e con amarga sorrisa, / mirando o xasmín sin follas / qu'iban a brotar axiña / marmurou , mentras dos ollos / as bagullas lle caían: / Todo volve , todo torna, / menos o ben qu'eu quería” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)

“Na primavera o seu cuarto recendía a xasmín, rosas , gardenia, cinamono. Sobre a mesiña, un púcaro de cristal con flores formaba, coas vellas fotos familiares sobre o tapete de encaixe de caramiñas.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

Imaxes tiradas de ‘O Herbario de Rosalía’ (Fundación Rosalía de Castro, 2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.