Cría da vaca mentres é nova, máis ou menos ata que lle duran os dentes do leite
Etimoloxía
Creación onomatopeica producida polo ruído que fai o animal ao mamar.
Exemplos *
“I o abono á leira / non che ha de faltar / tes dous xatos novos / vainos amansar. / Ai, si, vainos amansar-e / ai, si, vainos amansar-e” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego, 1980)
“María, se vas á herba / cerra ben a porteleira / que teño un xato no prado / quere entrarche na trabeira. / I eu non queiro, i eu non queiro.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


