Acción de xaxuar
Etimoloxía
Voz que procede da latina jējūnĭum de significado semellante.
Exemplos *
“Un decálogo onde facer o ben contemplaba cuestións como dar de comer os pobres, recomendar recato ás mozas con minisaia, facer xaxún o venres santo, o celibato, escandalizarse polo adulterio, afastar nenos de contextos perniciosos.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)
“Nunca na casa lle faltara algo que comer, e non lembraba un día en que, alén do compango matinal, perdoase algunha das dúas comidas principais, salvando, claro está, na coresma, como mandaba a Santa Madre Igrexa, ou cando os desaxustes intestinais que lle producía algunha que outra enchente o obrigaban a gardar xaxún.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


