xeeiro

Vento frío do norte

Etimoloxía

Palabra que se crea sobre o verbo “xear” que vén do latín gelare “xear” ou “enfriar”.

Exemplos *

“Marisa e Adrián casados xa, de volta para a casa á luz da lúa, polos campos tremelantes de xeada. Os seus longos, eternos paseos nocturnos baixo a lúa chea, nas noites recendentes de primavera, sen relento nin xeeiro, nas noites mornas de verán, con cantares de grilo e cantariña.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Os culpables, 1993)

“Agora que os invernos árticos quéimanme a cara e a testa e amenzo «Cunha pedra de neve diante dos ollos », lémbrome das raiolas que quentan os lindeiros tras dos loureiros e espantan os xeeiros do mes de xaneiro.” (Dino Pacio Lindín: Terra húmeda, 1979)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.