Arte de pesca que consiste nunha rede longa que se estende e se deixa durante horas para que a sardiña que se despraza co cambio de marea malle nela.
Etimoloxía
A palabra da que procede é o latín iactus, -us 'lanzamento'.
Exemplos *
"Eran as xentes do mar, mariñeiros das rías e da sardiña, da dorna e do vello xeito, desterrados das praias, orfos, perdidos nos camiños coma ánimas doentes …" (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)
"… cando se andaba ao xeito era habitual que cada home levase 50 sardiñas …" (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


