xelea

Substancia transparente e de consistencia xelatinosa que se obtén de cocer froita con azucre.

Etimoloxía

Tomouse do francés geleé 'xelatina', que remite en última instancia ao verbo latino gelare 'xear'.

Exemplos *

"O papel na gastronomía popular do marmelo é evidente, atopámolo en forma de xelea, marmelada, licor ou como ''doce de marmelo''." (Xosé María Castro e Gemma Pérez: Cerna 03-2010)

"Din as crónicas que os festíns de Luís XIV sempre remataban con marmeladas e xeleas, elaboradas con froitas dos invernadoiros do rei, servidas en vaixela de prata." (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.