Extremadamente frío, á temperatura do xeo
Etimoloxía
Vocábulo culto que bebe do equivalente latino gelidus, -a, -um ‘xeo’.
Exemplos *
“Dixeron na televisión que hoxe seica foi o día máis xélido de todo o inverno.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)
“O aire xélido da madrugada, que inhalou con pracer para evacuar as miasmas da pensión, reconfortoulle o corpo e acabou de despexarlle a mente do embotamento en que se mantivera desde pouco despois de subir ao autobús.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.