xena

Animal mamífero da familia dos bóvidos, de pelo curto e áspero, cornos curvos cara a atrás e rabo moi curto, capaz de gabear por sitios abruptos

Etimoloxía

Voz que vén do latín gena ‘meixela’.

Exemplos *

“Mingos leva na man dereita un caxato co que tangue o gado, e con el vai un can, o Lor, que ten gran habelencia para axudar ó pegureiro no seu traballo. Fórmase unha longa riola de años ou carruxos, ovellas, carneiros, xenas, cabritos e castróns, unha grea que ascende paseniñamente, cada vez con máis atrancos, pois no cumio xa non hai carreiriños.” (Antón Tovar: A grande ilusión e outros contos, 1989)

“Os pastores regaláronlles queixos e dátiles. E empezaban a despedirse cando viron vir outros pastores cunha rabañada de xenas e ovellas, e houbo un algareo, un alegre rebulicio de amigos, e os que viñan contaron, entre risas, que viran á entrada de Gaza unha carreira.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.