Conxunto de ascendentes dun individuo ou dunha familia.
Etimoloxía
Ten a súa orixe no grego genealogía, –as 'historia de familia', que nos chegou desde o latín genealogia, –ae 'linaxe'.
Exemplos *
"Eu son o meu pai e a miña nai, o meu avó e bisavó e tataravó, a miña xenealoxía comeza e remata en Silesio Braun, non teño outra." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
"A mágoa é que rematase tan axiña a xenealoxía, porque eu quería chegar ata min, pero vexo que é difícil." (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.