xénero

Categoría da clasificación taxonómica intermedia entre a familia e a especie.

Etimoloxía

Chegou desde o latín genus, -eris 'liñaxe', 'especie', que procedía do grego.

Exemplos *

"Cada nome científico consta de dous termos o primeiro indica o xénero ao que pertence o ser vivo e o segundo é o nome específico da especie." (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña)

"O choupín (Macrolepiota procera) É un cogomelo do xénero diferenciado da familia Lepiotaceae-Macrolepiota tendo como xustificación primordial o tamaño das especies nel comprendidas." (Cristovo Ruiz Leivas: Cerna 03-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.