Calidade de xeneroso
Etimoloxía
Palabra que procede da latina generositas ‘nobreza’ ou ‘xenerosidade’.
Exemplos *
“Un aspirante a emperador debe demostrar poderío e xenerosidade cos que van ser os seus súbditos. O ouro vence todas as desconfianzas e abre as portas das vontades máis reticentes.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
“O pai de Bárbara nunca volvera traballar e marchara para a súa aldea de Mecklenburgo, onde vivía grazas á xenerosidade da familia.” (Antía Nara: Cara o leste, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.