xeneroso, -a

Que dá con facilidade do que ten

Etimoloxía

Termo que bebe do latín generosus, -a, um que significaba ‘nobre’, ‘ben nacido’ ou ‘excelente’.

Exemplos *

“Definitivamente, o mar estaba cheo de años e Pedro Barba, marido de María Soliño e patrón do galeón A nosa Señora das Angustias de Cangas que todos coñeciamos co nome de Xeitoso, era un home xeneroso.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Charo descubriu que había persoas xenerosas. A partir de entón, e durante moitos anos, clasificaba ás persoas entre as que envexaban o ben alleo e as que se alegraban del. Era no primeiro en que se fixaba.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.