xénese

Conxunto de circunstancias, feitos etc., que dan lugar a unha cousa que non existía

Etimoloxía

Vocábulo que remite ao latín genesis que, á súa vez, bebe do grego génesis que significaba ‘orixe’ ou ‘xeración’.

Exemplos *

“As xentes sempre existiran na inercia. Un rumbo inequívoco trazara as súas biografías desde a xénese. Atendendo as necesidades fisiolóxicas básicas, os quefaceres encarreirados pola colectividade, os caprichos dos xerarcas. Un simultanear vital de luz e sombra, de saúde e enfermidade, de euforia e tristeza.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

“Abstraído ante a fogueira, unha vez máis puiden comprobar que o lume, un dos elementos aos que os antergos atribuían a xénese do universo, facía fluír os recordos cunha pátina de nostalxia.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.