Pequeno mamífero da familia dos vivérridos, de pelo agrisado con manchas negras, corpo alongado, patas curtas e rabo longo cuns aneis de cor negra característicos
Etimoloxía
A orixe da denominación deste animal non está aclarada polos investigadores. O nome científico que lle corresponde é genetta genetta.
Exemplos *
“Se existe perigo de entrada de animais grandes (...), que alteren as condicións da nosa charca, será preciso valala. Pódese utilizar malla ovelleira que permite a animais máis pequenos (raposos, xenetas... ) achegarse ao humidal para cazar ou beber.” (Lucía Parente e Rámses Pérez: Cerna, 30, 3-2013)
“Unha tradición quere que a xeneta (Genetta genetta) fora traída á Península ibérica desde África do Norte polos romanos, como un xeito de gato, e que posteriormente se asilvestrou.” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández: As bioinvasións na Galiza, 2004)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.