xenocidio

Exterminación dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos.

Etimoloxía

Formouse combinando un elemento grego, genos 'raza, familia' e outro latino, cidium, derivado de caedere 'matar'.

Exemplos *

"… o estarrecedor xenocidio consumouse primordialmente sobre millóns de xudeus en toda a Europa ocupada polo III Reich." (Xosé Manuel Beiras: Galicia Hoxe 25-03-2007)

"… a guerra, o xenocidio, o asasinato, os abusos a menores, as agresións son pérfidas mostras do lado máis escuro do ser humano." (Paz Castro: Tempos Novos 05-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.