xenotipo

Composición xenética dun organismo

Etimoloxía

Neoloxismo formado cos elementos gregos génos ‘xeración, orixe’ máis túpos ‘imaxe, figura, representación’.

Exemplos *

“A mutación pode definirse como unha alteración imprevista e herdable do xenotipo.” (Ramón Varela Díaz: Bioloxía. Segundo Curso de Bacharelato, 1999)

“O xenotipo, conxunto dos factores hereditarios contidos nos cromosomas, non presupón, pois, un único tipo de desenvolvemento, senón un rango de posibles desenvolvementos (...)” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.