Home da filla ou do fillo respecto dos pais do cónxuxe
Etimoloxía
Voz que nos chega a través do latín gener, -ĕri ‘parente’.
Exemplos *
“Miña nai , cando peneira, / bate cos pés no sobrado, / dime que non quere xenro / i eu xa llo teño buscado.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
“Pasea por eiquí mozo,/ pasea por eiquí pouco, / que meu pai é labrador:/ non quer o xenro tan louco.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. I, 1869)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


