xente nova

Mocidade, xuventude

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “xente” que vén do latín gens, gentis ‘familia’ e o adxectivo “novo” desde o latín novus, -a, -um ‘novo’.

Exemplos *

“Espero que coa xente nova cambie, estamos nun momento no que conservar o galego debería ser esforzo de toda a sociedade, cada sector debería poñer o seu.” (Diana Mandiá:GCiencia. O portal da ciencia galega [entrevista], 11-2015)

“Hai moita xente nova facendo música e tamén un público que responde.” (Carme Vidal: Sermos Galicia [entrevista], 22-6-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.