xente

Grupo determinado de persoas que se reúnen para un fin común, que traballan xuntas, que pertencen ao mesmo ámbito etc.

Etimoloxía

Chegounos do latín gens, gentis ‘familia’ ou ‘raza’.

Exemplos *

“¡Que ledicia miña amiga, vir a esta festa maior compartir coa nosa xente o pan, o viño, o amor…!” (Manuel María: Terra Chá)

“Esta terra e esta xente está no meu corazón. ¡Sexa seu amor semente a florecerme en canción.” (Manuel María: Terra Chá)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.