xeranio

Planta ornamental da familia das xeraniáceas, da que existen distintas especies, con flores brancas, vermellas ou rosas, moi cultivada en xardíns e balcóns

Etimoloxía

Palabra que procede da latina geranĭon, e este lévanos ao grego geránion de significado semellante. Planta co nome científico Pelargorium x hortorum.

Exemplos *

“Coñezo todos os xardíns de Verona: os castigados polo sol de mediodía, onde o traballo non é moito, pois só o xeranio e o gladíolo aturan o abafo estival; os sombreados polos muros, onde crece a malva real, que require un trato esmerado.” (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2000)

“Ela fabulaba con frecuencia coa casa que habían compartir, pequena e linda, con cortinas de cretona nas ventás e testos de xeranios no balcón.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.