xeriatría

Rama da medicina que se ocupa das doenzas propias da vellez

Etimoloxía

Termo culto formado coa partícula "xer-" que procede da grega gêras que significaba ‘vellez’ ao que se lle aglutina a terminación "-iatría", formadora de vocábulos vinculados coa medicina, que se relaciona coa palabra grega iatrós ‘médico’.

Exemplos *

“E non só en publicacións dirixidas a educadoras e educadores sociais _coma esta_ senón noutras relacionadas cos ámbitos nos que nos desenvolvemos: sexualidade, adiccións, xeriatría...” (Alfonso Tembrás López: Galeduso. Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, 2009)

“A Fundación San Rosendo é o segundo operador de servizos de xeriatría da Galiza.” (Xacobe Ferreiro: Diario Nós, 31-3-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.