xermolo

Parte da semente que ao desenvolverse dá lugar a unha nova planta

Etimoloxía

Palabra patrimonial que bebe do latín vulgar *germellu que remitiría ao clásico germen ‘embrión’.

Exemplos *

“Plantaron o xermolo na primavera e frutifiquei no inverno, no medio dunha galerna.” (Yashmina Shawki: Luzes, 10-2014)

“Aprendera a sentir no aire a proximidade da chuvia e sabía que aquel ceo pechado pronto descargaría sobre el, pero non se precipitou. Subía admirando as flores, os xermolos, os insectos que habitaban toda aquela frescura.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.