Goberno exercido por anciáns
Etimoloxía
Vocábulo formado polo elemento xeronto- de orixe grega (géron-) e que significa ‘vello’ e o sufixo -cracia que procede do equivalente clásico -kratía ‘goberno’.
Exemplos *
“O país desángrase polos pulsos, vai perdendo xente que emigra e non regresa. Fica así, carente da súa mocidade ilustrada, cada vez máis, en mans dunha xerontocracia inmobilista, que vive ancorada nunha serie de automatismos (inercias) e no pánico as necesarias mudanzas de rumbo.” (Xavier Queipo: Sermos Galiza, 24-7-2014)
“Que hai que dinamizar as actividades musicais. Incluso que hai que democratizar as institucións da música galega. Excesivamente dependentes dunha densa xerontocracia musical non sempre autóctona nin sempre responsable.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 11-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


