Peza de roupa de punto que se viste pola cabeza e cobre o corpo ata o van
Etimoloxía
Adaptación da palabra inglesa jersey que fai referencia a un topónimo.
Exemplos *
“Xa pasara setembro e chegou o mal tempo. Sara púxose a rematar a calceta dun xersei que tiña case esquecido no armario. Perdera as ganas de seguir con el na época de calor e tamén por culpa das cores, que non a convencían.” (Úrsula Heinz: Delirios de pracer, 2018)
“Eran tipos que levaban pantalóns Levi's e aqueles zapatos castellanos, e os xerseis eses de pico de Pulligan...” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.