xesta

Arbusto bravo da familia das leguminosas, con moitas pólas delgadas e flexibles, follas pequenas e escasas, e flores amarelas ou brancas, do que existen varias especies.

Etimoloxía

A palabra chega ao galego desde o latín genesta 'xesta, arbusto' que procedía, á súa vez, de gignere 'criar, parir'.

Exemplos *

"Levaban nos petos cadansúa presadiña de flores de xesta, que foran apañando polo camiño, e cubrírono con aquel ouro da montaña." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

"Antes do solpor, espíanse e agachaban a roupa entre as xestas, pois se alguén llela roubaba, nunca máis se volverían homes e serían animais para sempre." (Antón Lopo: Ganga)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.