xibón

Mono antropomorfo propio do sueste asiático, de tamaño pequeno, sen cola e costumes arborícolas

Etimoloxía

Voz adaptada do francés gibbon, onde era o nome que se lle deu a un mono que se levara das Indias Orientais.

Exemplos *

“Aparecen os homínidos. Dalgúns destes mamíferos, en concreto dos que treparon as árbores hai sesenta millóns de anos, acabaron xurdindo os primates, a orde biolóxica á que pertence o ser humano. Á súa vez, a evolución de certos grupos de primates acabaría dando lugar en África, hai polo menos 23 millóns de anos, ao tronco do cal proceden tanto os grandes simios (xibón , orangután , gorila , chimpancé ) como a nosa familia (os homínidos).” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

“A femia de xibón de Manos Blancas, Hylobates lar, que habita nas instalacións do parque de animais Terra Natura de Benidorm (Alacante) pasou tres anos de loito tras a morte do seu compañeiro.” (E.P.: Galicia Hoxe, 16-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.