xilaba

Vestido longo e lixeiro, con carapucha e de manga longa, que utilizan homes e mulleres no norte de África.

Etimoloxía

Esta palabra collémola do marroquí ǧillaba que significaba 'traxe de escravo' e este derivaba de ǧalib que era 'escravo'.

Exemplos *

"Amin cambiara os vaqueiros que adoitaba vestir por unha xilaba branca coa que parecía aínda máis alto e máis moreno." (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)

"E a fragancia das palmeiras de Xericó várreme os sentidos cando a xilaba de Sara se esvaece baixo o emparrado." (María Gándara: Magog)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.