xira

Excursión por diversos lugares / Excursión ao campo, xeralmente para comer alí

Etimoloxía

Termo que procede do francés antigo [bonne] chère '[boa] comida'.

Exemplos *

“Tanto que oíra falar, e nunca fora aos Caneiros, aquela xira río arriba, ao corazón do bosque.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

“Todo eran lembranzas. Aproveitaran para dar unha pequena xira polas cidades e lugares típicos marroquís. Percorreran as medinas, deixándose conducir por dous cicerones, dous rillotes elixidos entre os moitos que se ofrecían a acompañalas por unhas cantas moedas.” (María Xosé Queizán: A semellanza, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.