Instrumento sanitario que consta dun tubo, dentro do que escorrega un émbolo, e que vale, a modo de bomba, para extraer líquidos do organismo ou para inxectalos, se se lle aplica unha agulla oca.
Etimoloxía
Procede do latín medieval syringa que bebía do grego syringa, a partir do acusativo de syrinx 'tubo' ou 'frauta'.
Exemplos *
"Desde pequeno estou afeito tamén, pola convivencia co tío Vladimiro e a súa inseparábel insulina, a atopar agullas e xiringas por todas partes." (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma)
"As enfermeiras perséguenme en soños, con xiringas, con vasiños pequenos, con pílulas, con cánulas milagreiras para intestinos apáticos." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.