Cantidade de diñeiro que se envía a través dunha oficina de correo ou de telégrafo
Etimoloxía
Palabra de orixe grega guros ‘círculo’ que entra polo latín gyrus con significado semellante.
Exemplos *
“Despois mandarei che por xiro postal, quince pesos cada mes pra que fagas o mesmo.” (Manuel Lueiro Rey: O sol na crista do galo, 1982)
“Un dato máis: no 1920-21 en Chantada redímense foros por valor, redondeado, de meio millón de pesetas. Nese ano ingresa a Banca de Soto xiros por valor de 6 millóns de pesetas.” (Ramón Villares: Foros, frades e fidalgos, 1982)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.