xistra

Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido

Etimoloxía

A súa orixe é onomatopeica.

Exemplos *

“A xistra arremuiñouse sobre o meigo, arrastrando as folerpas e o po, mentres os dous corvos baixaban dando voltas a lle apousaren nos ombreiros.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)

“Se o colle a un a xistra indo por fóra, sen abeiro onde ampararse da ventisca, conxélanse ata os piollos e rescantimpace, e atópano despois virado nun pau teso, coa faciana na cuberta dunha máscara de xeo.” (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.