Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies.
Etimoloxía
Procede do grego gupsos, ou ‘xeso’, tomado a través do latín gypsum, i.
Exemplos *
"Púxoa a rotar sobre o pé esférico quitándolle ese son desagradable da denteira, xiz no encerado, encadernación de tea dun libro vello." (Xabier López López: O caderno)
"A man, que terma do xiz co que copia os fermosos signos que o mestre debuxa no amplo encerado da parede pagou en frieiras o ancestral tributo á neve." (Jaureguízar: Cabaret Voltaire)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.