xogar

Realizar certas actividades, convencionais ou improvisadas, unicamente para entreterse e divertirse

Etimoloxía

Palabra que vén desde o latín jocari que significaba ‘troulear’.

Exemplos *

“Había agora lama xeada, ensarilladas pistas de extrarradio entre casas baixas, choupanas debuxadas pola humidade e algún campoleiro onde xogarían nenos se non fose inverno e noite.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / Georgette, 1993)

“Pareceulle oír voces fóra do apartamento, no corredor, pero pensou que serían os nenos a xogar. Desaparecera aquel frío intenso e volvía sentir calor.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.