Artista que na Idade Media actuaba en residencias nobres e prazas públicas recitando pezas literarias, xeralmente con acompañamento musical, bailando e facendo xogos
Etimoloxía
Termo que bebe do equivalente occitano jograr.
Exemplos *
“O que pasou con Óscar aquela tarde en que por primeira e última vez a xograresa quedou sen voz parece tirado dunha novela de Danielle Steel.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)
“Do resto dos que ultimamente veñen por aquí, a verdade é que poucos se salvan. E non falo só de xograres e danzadeiras, digo mesmo de ricomes e cabaleiros de nobre berce.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


