xoguete

Obxecto que serve para xogar

Etimoloxía

Termo que se crea a partir da palabra "xogo" e esta procede do latín jocum “broma”, máis o sufixo -ete.

Exemplos *

“Pareceulle de pouca importancia a cousa e díxolle que non pagaba a pena facer aquel rebumbio porque o outro neno quixese utilizar un pouco o xoguete” (Carlos Arias: O libro das capitulacións, 2003).

“Para que estes artefactos correran moito máis polas costas abaixo, algúns colocábanlles nas súas rodas “caixas de bólas”. Era un xoguete extraordinario, digno de museo” (R. Pérez y Verde; X.A Tabernero Balsa: Xogos populares en Galicia, 1986).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.