Diversión buliciosa
Etimoloxía
Crese que pode vir do francés antigo jaude
Exemplos *
“Decatárame da súa ausencia ó remate da conversa entre os dous fidalgos, pero dera en pensar que preferían estar xuntos mentres o resto da xente discutía o destino dos cadáveres dos piratas ou se divertía na xolda.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)
“Odiaba xustamente as xoldas mediterráneas e as reunións balbordeiras nas que calquera recén coñecido se acaba comportando coma un vello amigo, coa locuacidade banal e os aspaventos inmoderados dun antigo camarada de troulas nocturnas” (Xavier Lama: Os moradores da nada/ Thomas Whiteley, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.