xordeira

Falta total ou parcial de oído

Etimoloxía

Palabra creada sobre “xordo” e esta procede do latín surdus ‘que non oe’.

Exemplos *

“Victoriano Quiroga, que herda a súa xordeira dos tempos de picador, lembra ben aqueles días e confesa que os picadores, con se-los mellor pagos na miña, eran uns suicidas.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos Homes. Galegos no mundo, 1993)

“Calquera día tería un desgusto, podíame ocorrer conducindo. Aínda persistía unha leve xordeira, metín un dedo no oído dereito e sacudino.” (Suso de Toro: Calzados Lola, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.