Duración do traballo diario.
Etimoloxía
Probablemente chegase do provenzal jornada 'camiño que se anda nun día', derivado de jorn 'día', tomado do latín diurnus, -a, -um 'que ocorre durante o día'.
Exemplos *
"… denunciando a dobre xornada laboral das mulleres que traballan fóra do fogar, a pobreza xeneralizada das mulleres fronte aos homes e os riscos físicos do parto …" (Carme Blanco: O contradiscurso das mulleres)
"As mulleres estivemos durante moitos anos invisibilizadas, discriminadas no eido laboral, tendo que conciliar xornadas tanto laborais como familiares interminables …" (Antón F. Escuredo: A Peneira 07-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


