xornal

Periódico que se publica todos os días.

Etimoloxía

En último termo remite ao latín diurnalis, -e 'diario', pero probablemente nos chegase da lingua occitana, a partir de jorn 'día'.

Exemplos *

"Para resolver o caso soamente conto con tres obxectos: un billete de tren, unha pulseira cunha inscrición árabe e unha noticia tirada dun xornal estranxeiro." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"A revista regálana co xornal as fins de semana; toda ela en cor, páxinas de luxo, pouca letra e follas enteiras de publicidade ateigada de ideas iconográficas brillantes, será que calquera imaxe vale máis cartos ca mil milleiros de palabras." (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.